Nove meses, nove escritoras galegas. María Reimondez

Para este último mes do ano, traemos unha escritora moi especial para toda a comunidade educativa do IES Río Cabe. María Reimondez é xa unha grande amiga de Bibliocabe: tennos visitado en varias ocasións; todos os alumnos que pasaron polo noso centro nestes últimos anos viaxaron sobre os amallós das zapatillas de Lia, os máis maiores sorprendéronse e mesmo enfureceron de rabia con A dúbida, divertímonos co Clube da calceta, ...

Por todos estes e máis motivos, non podemos deixar de recomendar que leades e releades á xenial María Reimondez.



Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


0 comentarios: