SAMAÍN 2020. REFLEXIONANDO

Por que en todas as culturas hai un día en honor aos mortos?.


 Este foi o gran interrogante que dende Bibliocabe prantexamos aos nosos alumnos de 4º ESO e BAC. Algunhas das respostas que atopamos nas súas interesantísimas reflexións foron: 

  • Porque nos aterra a morte e pensar que todo pode rematar dun momento a outro.
  • Porque así aliviamos a pena e dor pola perda dun ser querido.
  • Porque así amosamos respecto á morte ao lembrar aos nosos seres queridos, pero tamén celebramos a vida.
  • Porque estas celebracións son un elemento fundamental de cohesión: así nos aseguramos de que o morto non desaparece, senón que continúa na sociedade.
  • Porque nestas celebracións únse a familia ese día e hónrase a vida que tiveron os defuntos, ...

De seguido, tedes as respostas íntegras dos rapaces.

 


























Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

0 comentarios: