21 de Marzo, Día Mundial da Poesía

Neste día tan especial, dende a Biblio, recomendamos a lectura dalgunhas obras de poesía. Disfrutade da lectura e deste día. 


Este precioso póster foi realizado polo noso alumno colaborador habitual da Biblioteca, Amaro Hourri, de 1º da ESO.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
 



Actuación de Aldaolado no IES Río Cabe

Versos para a igualdade

Este mércores 11 de marzo co gallo de conmemorar o Día da Muller 8M, xunto co Día da Poesía 21 M, tivemos a oportunidade de escoitar a María Lado e Lucía Aldao na nosa Biblioteca. 
As Aldaolado mesturaron poesía, música en diredto e divertidísimas historias coas que engaiolaron  aos nosos alumnos. A tarefa non era doada, o público, estaba formada por alumnos de 2º de BAC estresados pola proximidade da ABAU. Nembargantes, conseguiron o case imposible: que por 1 hora esquecesen exames, traballos, ..., e a temida ABAU. Por se isto non abondase conseguiron que riran a esgalla e mesmo que entre todos fisexen un divertido poema.
Grazas María e Lucía pola vosa simpatía, profesionalidade e bon facer. Contamos tervos outra vez moi pronto en Bibliocabe.











Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Un gran paso para tí, un enorme salto para nós. 8M

Co pensamento de que as cores do espazo exterior son iguais de fermosas que acadar a igualdade entre home e muller, o noso colaborador habitual Alejandro García Rodríguez, realizou (con motivo do Día Internacional da Muller) a serie de carteis "Cruzando a liña Kármán".
Esta impactante serie pódese ver na entrada do noso centro.



Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador