SORPRESA! E para os profes tamén

E para rematar o día, os profes tamén tivemos sorpresa. Dous alumnos colaboradores da Biblioteca, Alejandro García Rodríguez e Lucía Rodríguez Abellano realizaron unhas fermosas tarxetas personalizadas con  dedicatoria. 
Estas tarxetas foron repartidas a todos os profes. Deste xeito, este 14 de febreiro, toda a comunidade educativa do centro saiu cun grande sorriso.
Grazas a Alejandro e Lucía pola vosa fermosa e incrible sorpresa.












Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Tarxetas de San Valentín e San Solteirín

De seguido, tedes unha selección de fotos nas que aparecen as tarxetas que fixeron os nosos alumnos con motivo do Día de San Valentín e que foron repartidas entre o alumnado de todo o centro.

























Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

San Valentín e "San Solteirín"

Co fin de facer deste 14 de febreiro un día epecial para tódolos nosos alumnos, dende a Biblioteca pedímoslles a cada un que fixeran unha tarxeta de amor, amizade, ánimo, solidariedade, admiración, .... Estas tarxetas foron repartidas ao azar entre todo o alumnado. O resultado: caras de felicidade, ledicia, sorrisos, ....






Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador