E á tardiña ...: de negro tamén!!

Alumnos de adultos, do ciclo de turismo e do ciclo de futbol amosaron a súa rabia, indignación, desesperación, tristura, desolación, repulsa ... diante da instalación dun escalofriante cimiterio de mulleres realizado polo membro do equipo da Biblioteca e profesor de plástica Bernardino Cerviño xunto cos seus alumnos.
Grazas a tod@s @s que participáchedes nesta actividade. Grazas Bernardino por saber plasmar os anteriores sentimentos de forma tan maxistral nesa instalación. Grazas Xurxo por ser indispensable en tódalas actividades que levamos a cabo na Biblioteca. 





Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

0 comentarios: