Seguimos voando

Dentro da actividade libros que nos fixeron voar, os nosos alumnos invítannos a esta viaxe a través de Booktrailers. Agardamos que disfrutedes deles.

Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

LIbros que fixeron voar aos nosos alumnos

"Para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro". Esta cita de Emily Dickinson serviunos de pretexto para, dende a Biblioteca, proporlle aos nosos alumnos unha actividade para o Día do Libro consistente en buscar o libro que "lles fixo voar" ao tempo que o interpretaban. 
De seguido, tedes unha pequena mostra destes "artefactos voadores".


 








 


Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Semán do libro. Un libro para un amigo invisible

Por décimo ano consecutivo, a Biblioteca do centro convoca a actividade Un libro para un amigo invisible. Trátase dunha actividade que ten moito éxito entre os nosos rapaces e que tódolos anos déixanos caras de emoción, ledicia, agradecemento e mesmo intriga, ¿quen será o amigo/a que me agasallou con este marabilloso libro?.
Ese día convértese na festa da lectura, e por iso, dende a Biblioteca animámosvos a participar.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

PLAN LECTOR. 2ª AVALIACIÓN

Charlas de Psicoloxía na Biblioteca. O lado bon das cousas

O venres 16 de marzo celebrouse na biblioteca do centro a 3ª charla de Psicoloxía deste curso académico, baixo o suxerente título O lado bon das cousas. As psicólogas Laura Baliña e Aldara Pérez impartiron unha magnífica charla sobre educación sexual na que, entre outras cousas, falaron do concepto da educación sexual no colexio, famila, sociedade, amigos, internet, ... Tamén trataron de estereotipos e prexuizos existentes sobre este tema. 
Unha vez máis, queremos dar as grazas ás "nosas psicólogas" por aclararnos todo tipo de dúbidas sobre un tema tan atrainte para os rapaces.








Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador