Letras Galegas: María Reimóndez

O día 18 de maio estivo no noso centro a escritora galega María Reimóndez, recente gañadora do XX Premio de Poesía Johán Carballeira de Bueu. A autora de obras como  Lía e as zapatillas de deporte, Usha, O club da calceta, A dúbida....regalóunos unha xornada inigualable na que lle mostrou aos nosos alumnos cómo é o proceso de creación dun texto literario.
A actividade dirixiuse aos alumnos de 2º de ESO, que xa participaran no concurso de redacción de Coca-Cola, e consistiu nun "taller de micro-relatos" no que os rapaces en grupos e coa axuda de diccionarios tiveron que elaborar textos. Foi unha divertida en moi enriquecedora actividade. Un auténtico privilexio poder contar cunha escritora como Maria Reimóndez!


Actuación dos Xograres de Lemos

O día 15 de maio, a asociación musical Xograres de Lemos, deleitounos cunha actuación no salón de actos do instituto en conmemoración do Día das Letras Galegas. De seguido, tedes unha pequena mostra visual e sonora do acto.

17 de Maio, Día das Letras Galegas

Chegou o gran día das nosas letras, o 17 de Maio. Conmemoramos esta data cunha exposición visual dos diferentes escritores homenaxeados ao longo da nosa historia ata o presente. O escritor homnenaxeado neste ano é Carlos Casares. A continuación, podedes ver unha pequena mostra desta exposición, na que aparece unha caricatura de Casares realizada polo profesor de debuxo, Manuel Sánchez.




Maio, mes das letras galegas. Os Xograres de Lemos

Cunha memorable actuación do grupo Xograres de Lemos, a biblioteca do noso centro conmemorou a festa das nosas letras. Esta actividade dirixiuse a todo o alumnado da ESO, polo que a actuación tivo lugar no salón de actos do centro.
Cunha mestura de temas propios e tradicionais, os Xograres de Lemos conseguiron gañarse a un público non moi doado, convertindo o acto nunha auténtica festa. Non houbo quen se resistise a tararear ou a palmear algúns dos seus temas.
Grazas Xograres polo extraordinario momento que nos fixestes pasar.


PLAN LECTOR. 2ª AVALIACIÓN


Un mar de amigos, un mar de libros

Co gallo do día do libro, 23 de abril, dende a biblioteca do centro realizamos un ano máis a actividade "un libro, un amigo". Os participantes realizanse un  agasallo en forma de libro para conmemorar esta data.
O lema deste ano foi "un mar de amigos, un mar de libros". A entrada do centro estaba invadida de libros por tódalas partes: no teito, no chan, nas paredes, .... Un barco navegando por un  mar de libros achégase á entrada do centro arrastrando fardos cargados de agasallos.


A continuación, podedes ver un pequeno video con imaxes do acto de entega dos agasallos