8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

Co gallo do día da muller, o noso compañeiro e membro do equipo da biblioteca, Manuel Sánchez, realizou unha pequena exposición sobre o sexismo e o machismo na publicidade e nos medios de comunicación, principalmente escritos. A continuación podedes ver unha pequena mostra deste traballo.

La vie en rose

Por fin chegou o gran día! Películas de amor, mensaxes, doces, cartas, violinistas, e ata mesmo un baile organizado pola nosa profesora de música, Eva. Na biblioteca fixemos un pequeno video onde se ven ás nosas violinistas interpretando "La vie en rose".



Toda a xornada transcurriu entre música e baile.

Cartas de amor

Co gallo do "Día dos namorados", dende a Biblioteca do IES Rio Cabe convocouse un concurso de cartas de amor, amizade, agradecemento, ..., no que as tres mellores cartas recibiron un amoroso agasallo. As misivas ían dirixidas a persoas do centro e depositadas nun buzón, en forma de corazón, que tiñamos na biblioteca. O día 14 de Febreiro, as nosas "carteiras", Luiza e Sarah, repartíronas polas clases. De seguido, tedes unha pequena mostra desta divertida e amorosa actividade.

A árbore do amor

"Tú sonrisa me da más energía que el ciclo de Krebs", "Estar enamorado es estar un poco loco", "Nuestro amor es más fuerte que el enlavce covalente", "No hay disfraz que pueda largo tiempo ocultar el amor donde lo hay, ni fingirlo donde no lo hay", "Eres el sistema que encaja con mi centro activo", ... Éstas son algunhas das centos de mensaxes que os nosos alumnos colgaron da árbore do amor que o noso compañeiro de debuxo, Jorge, nos fixo na entrada do centro. Son mensaxes en castelán, en galego, en inglés, en francés, e mesmo en árabe, nas que contribuiron especialmente os rapaces e rapazas de 1º e 2º de BAC, 4º da ESO, 1º da ESO, ... ¡Grazas a tod@s por encher a nosa árbore|

ÁLBUMS QUE NAMORAN....

Espectaculares, emotivos, orixinais... calquera vos pode namorar.

Un vendaval chegou ao noso centro: O amor

Películas, cartas, doces, frechas, cupidos, corazóns, "carteiras do amor", ... comezan a aparecer polo centro. A continuación deixámosvos un pequeniño adianto:

PLAN LECTOR. 1ª AVALIACIÓN


Con esta segunda parte das charlas, Teresa Grau completou a súa aportación, deixándonos ademáis algunha historia para reflexionar.
Finalizada a sesión, as charlas volveron "do ximnasio á biblioteca", o seu espazo natural.






Dereitos humanos: doses de realidade

No marco da conmemoración do Día dos Dereitos Humanos, dende a biblioteca do centro organizouse a proxección de Astral, a historia dun veleiro de luxo convertido nun barco de refuxiados. Esta actividade realizouse cos alumnos de 4º de ESO e 1º de BAC.
Ademáis, e para darlle máis dramatismo, dúas pateras cheas de refuxiados nafragaron no noso centro.

  

Deseguido, tedes unha pequena mostra do visionado da película na biblio.