CHARLAS DE PSICOLOXÍA NA BIBLIOTECA. Técnicas para afrontar a ansiedade e o estrés I

Viktor Frankl afirmaba "se non está nas túas mans cambiar unha situación que te produce dor, sempre poderás escoller a actitude coa que afrontes ese sufrimento". Neste contexto, de saber como afrontar o que nos sucede nas distintas etapas da nosa vida, enmárcanse as charlas de psicoloxía na biblioteca, organizadas en colaboración co departamento de filosofía.
Etapa fundamental na vida dos nosos alumnos/as é a que corresponde a 2º de BAC, tanto pola súa idade como polas características propias deste curso. Trátase dunha etapa de cambios, incertidume, ansiedade, estrés, .... Xustamente a primeira das nosas charlas ten por obxecto como afrontar éstas situacións.
Coidamos que a biblioteca debe ser tamén un espazo de resolución de problemas non só teóricos, por iso baixo o título "Técnicas para afrontar a ansiedade eo estrés", Teresa Grau ofreceunos a primeira charla. Tratouse dunha sesión de carácter eminentemente práctico: respiración, técnicas de relaxación, meditación, expresión das emoción, ... Por motivos de espazo, "a nosa biblioteca trasladouse ao ximnasio".

De seguido amosamos un pequeno video da actividade feita no ximnasio
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

0 comentarios: