PARA SOÑAR EN NEGRO E GRIS...


CHEGOU SAMAÍN

Entre pantasmas, cabazas, bruxas, esqueletes, teas de araña, ..., chegou o Samaín ao noso centro. Todo comezou semáns antes cando nas portas da entrada do centro apareceron dúas terroríficas pantasmas acompañadas duns diaños.
Xa na entrada do centro, a situación non melloraba: terroríficas cabazas, pantasmas por todas partes, un aforcado, ..., Samaín estaba chegando e invadindo o noso centro.
Nesta invasión, chegou ata a biblioteca: nos paneis da entrada, nas súas portas, na "árbore" que está xunto á entrada, .... E qué decir do interior!; máis meigas, máis teas de araña, ..., por non mencionar o "gardián" da entrada que nos recibia con sons de ultratumba, blandindo a súa gadaña.
E así chegamos ao "Día S", o venres 28, onde entre curtos de terror e "chuches" ainda máis arrepiantes, todos xuntos celebramos un ano máis a chegada do Samaín.