BENVIDOS...

Setembro de 2015...
Novo curso, novos alumnos, profesores... meses e meses por diante para compartir momentos de lectura e actividades.
Hai bastantes anos xa, moitos dos rapaces que comezan 1º ESO no noso centro estes días viñan de visita á biblioteca para unha actividade do Día do Libro infantil ("Paixón de papel"). Nesta mesma Biblioteca na que entran estes días (6 anos despois) observaron cos seus ollos de nenos moitos libros Pop-up e ilustrados, escoitaron ós alumnos maiores contar historias e compartiron un espazo que foi un lugar de xogo para todos os que participamos nesa actividade... 
Benvidos de novo á Biblioteca do Río Cabe... Os que volvedes e os novos, oxalá podades atopar na nosa Biblioteca todos os que entredes nela moitos soños, moitas historias, moita paixón de papel e algunha vez vos emocionedes cun libro como cando erades nenos...