27 DE MARZO. DÍA MUNDIAL DEL TEATRO

Hoy se celebra el Día Mundial del Teatro, creado por el Instituto Internacional del Teatro, en 1961.  Aquí os dejamos el mensaje de este año,   escrito por el dramaturgo italiano Darío Fo.  Puedes escucharlo en muchos otros idiomas en la página oficial, World Theatre Day, pinchando aquí.

BOAS VACACIÓNS E ATA A VOLTA!

21 DE MARZO

BIBLIOCABE CONTRA O TERRORISMO


Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares

O pasado 8 de marzo tiveron lugar en Santiago os Encontros de Bibliotecas Escolares para todos aqueles centros integrados no Plan de Mellora (Plambe), un programa que tenta facer da biblioteca o "corazón da escola"
.  
Os encontros versaron sobre o cambio de rol da biblioteca, non tanto conservadora do saber, senón orientadora da saturación informativa nun mundo onde se están a producir cambios equiparables aos que aconteceron no Renacemento, segundo resaltou Josep María Pérez Tornero (UAB).  O papel da biblioteca como factor de compensación social foi posto en relieve por Ana María Escudero, do IES Lagoa de Antela, a través do empréstito de ordenadores ou do uso da impresora na biblioteca; e por Rosana Rodiles, do CEIP de Pazos, facendo da biblioteca un referente e motor igualador en centros onde o alumnado se atopa en risco de marxinación social. 

Nos encontros por zonas reflexionouse sobre a potenciación dos fondos científicos da biblioteca, do xeito de facelos visibles e fomentar o seu uso; da importancia da compensación de desigualdades, por medio das mochilas viaxeiras ou das visitas de escritores; da  autoavaliación da biblioteca, de como estabelecer mecanismos que indiquen o que se está a facer ben ou o que hai que cambiar e reorientar; do papel fundamental da "Hora de ler" para a formación de lectores.  E todos e todas estivemos de acordo na necesidade de concreción da figura do bibliotecario escolar: a falta de lexislación concreta converte ao bibliotecario nunha figura que depende en grande medida da boa vontade dos equipos directivos dos centros, da implicación dos claustros, e das horas que se rouban na casa ao descanso e ás familias.

O escritor Agustín Fernández Paz encargouse da última conferencia.  Rememorando como naceu o seu amor pola lectura, na pequena biblioteca que tiña o seu pai na casa natal de Vilalba, nos libros dos amigos, nos relatos que a veciña contaba ao carón da lareira... falou da construcción do lector.  Pero, que pasa cando na casa non hai libros, non se contan contos?  Agustín afirmou que, se iso non ocurre, é cando "agora entramos nós": os docentes, a biblioteca, os "sementadores de futuro".

E, efectivamente, neses encontros constátase que hai moitos "sementadores de futuro", docentes entusiastas, dispostos a dalo todo por que o seu alumnado ame a lectura, os libros, o saber.  Víase nas caras, nas conversacións, nos materiais expostos... e na constatación de que, detrás de todos eles, existen equipos de biblioteca compartindo idéntico entusiasmo.


8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

Hoxe celébrase o Día Internacional da Muller,  en memoria da reivindicación de tantas mulleres por formar parte activa da sociedade e ser consideradas iguais que os homes.  Podes saber máis sobre esta conmemoración premendo aquí.

Na nosa biblioteca contamos coa  axuda do alumnado do instituto para rendir unha homenaxe a todas aquelas mulleres que, dende moitos ámbitos, construiron as bases da igualdade entre homes e mulleres.  A todas elas, as que podemos recordar e as que o tempo sepultou ou ignorou, ás presentes, ás que veñan... Gracias!

RECOMENDACIÓNS DO DÍA DA MULLER

Mañá é o Día Internacional da Muller.  No expositor de autoempréstito, na entrada do instituto, podedes  atopar as recomendacións de lecturas e películas relacionadas con esta conmemoración.


VISITA DE MARCOS S. CALVEIRO

Hoxe visitounos Marcos S. Calveiro.  Veunos falar de O pintor do sombreiro de malvas, Palabras de auga e O carteiro de Bagdad, obras que o alumnado de ESO leron ou están a ler  nas súas clases de Lingua Galega ou no club de lectura Balbordo.  Resultou moi interesante saber como é a xénese das súas obras, moitas delas nadas a partires dunha noticia nun periódico ou dun tema de actualidade.  Foron charlas moi amenas onde os rapaces e rapazas puideron preguntar curiosidades xurdidas da lectura.  Neste senso, Marcos Calveiro fíxonos saber que el gosta de obras nas que o autor non explique e detalle todo, senón que plantexen preguntas e finais abertos que precisen da participación do lector.