Cunqueiro e máis ti

A nosa "Loisíada" II: Tan preto, tan lonxe...

A nai e o director
Exposición multimedia
Durante o curso 1974-75, Lois Pereiro cursou COU no noso instituto, razón pola cal o día 17 inaugurouse unha exposición multimedia sobre a vida do poeta. A ela asistiron os máis altos representantes da vida política e cultural galegas e foi a nai a quen recolleu o recoñecemento das institucións.
O acto central tivo lugar na biblioteca, casi a mesma que seguro que contou coa presencia do escritor, de quen sabemos que foi un grande lector.
E que mellor modo de homenaxealo que con libros? Dende hai catro anos temos por costume no Centro facernos un agasallo colectivo de libros no que participa toda a comunidade educativa. O día 16 formouse unha cadea de libros coas letras que conforman o seu nome que saíu da biblioteca ata chegaren á casa onde pode verse un grande graffitti coa súa figura. Biblioteca, libros e máis libros e rapaces- e non tan rapaces- emocionados descubrindo o libro que un amigo/-a invisible lle regalara.
Agora sabemos que, a pesares do paso do tempo, el e todos nós temos, polo menos, dúas cousas en común: Monforte e a paixón pola lectura.
Grazas a todos/-as pola vosa colaboración!

A nosa "Loisíada"

Interpretación video-musical do poema de Lois Pereiro "Elexía a un espírito irmán. Pasatempo por orde alfabética", no Día das Letras Galegas.

Roteiro literario monfortino

Cando paseamos polos rúas das nosas cidades, vemos rótulos con nomes de persoas que non sabemos quen foron. Eu vivo na rúa...dicimos cando nos preguntan. Pero, quen se agocha detrás de cada nome.
Na túa cidade hai moitas rúas con nomes de escritoras/-es que escribiron a súa obra en lingua galega. E que mellor maneira de celebrar o Día das Letras Galegas que facendo un percorrido real ou virtual. Eiquí deixámoste o roteiro para que non te perdas. Ti decides o rumbo. Disfrutade da viaxe!


Ver mapa más grande

X. M. MARCOS FALOU NA BIBLIOTECA SOBRE O ESCONXURADOR

O pasado venres 13, o coñecido escritor Xesús Manuel Marcos estivo na Biblioteca e falou, para os grupos de 4ºESO, dun dos seus libros: O Esconxurador. A actividade foi proposta por Normalización Lingüística.
Xesús, ex-alumno do noso centro, contoulles ós rapaces cal foi a orixe dese libro, en que persoas se baseou para crear algún dos personaxes; falou da tradición oral, da cronoloxía da historia, das narracións que se engarzan no fío argumental, da existencia ou non da literatura fantástica...
Os alumnos preguntaron, opinaron e incluso algún lle fixo suxestións sobre  como debería ser unha posible continuación da historia.
Unha moi amena charla sobre un texto moi recomendable no que maxia, tradición, lenda, imaxinación, persoaxes variados, narracións entrelazadas... fan que o libro atrape dende as primeiras páxinas.
Pola tarde, Xesús falou cos membros adultos de Balbordo dese mesmo libro.

PLAN LECTOR 2ª AVALIACIÓN

CINCO ANOS DESPOIS do primeiro Plan Lector do noso centro seguimos a ter un espazo e un tempo para poder ler profesores e alumnos.
Recordade que en varios blogs da Biblioteca hai recomendacións literarias: Pistasdelectura (do alumnado). En DesordenadasLecturas ou tamén no blog do Club de lectura Balbordo pode que atopedes algún libro do voso agrado...