PLAN LECTOR. 1ª AVALIACIÓN

Xa é o Cuarto ano de Plan Lector na ESO e o Segundo en 1º de BAC. A combinación máxica que nos permite ter estes resultados é a seguinte: 15 minutos diarios de lectura. 24 profesores que voluntariamente ceden tempo das súas clases. Moitos alumnos lendo o que lles apetece, pedindo por favor (cando o profesor se esquece!) que lles deixen ler cando chega ese momento de estar calados mirando para un libro; rapaces que aínda me impresionan (catro anos despois!) cando levanto os meus ollos da lectura para observalos... Tamén imos aprendendo das suxerencias do alumnado e profesorado nas enquisas trimestrais e tomamos nota daqueles que posiblemente non atoparon o libro adecuado... Penso que os resultados xerais son moi gratificantes para todos.
Aínda parece que foi onte cando Paramio propuxo a revolucionaria idea e funcionou porque houbo xente que confiou en que ía ter resultados! e porque os alumnos tamén se "engancharon"! E aquí estamos, catro anos despois, fomentando entre todos o PLAN LECTOR, que no noso centro se complementa cos blogs nos que o propio alumnado comenta lecturas en pistasdelectura ou tamén cando falamos e falamos de libros en Balbordo...
Libros, libros, lecturas, imaxes... ilusión, momentos e tempo para poder ler con liberdade!

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Monforte de Lemos, 26/01/2010

"Tardes con Margaritte" es una novela con mucha ternura.Se mezcla el humor con la triteza y la soledad que el protagonista siente por falta de ese cariño maternal-familiar.La amistad y el cariño se encuentran en dos personas desconocidas llenando así ese vacío que ambos necesitaban tanto.Es fantástica esta novela. Un saludo