EXPOSICIÓN BANDA DESEÑADA

Durante os últimos quince días contamos na Biblioteca coa Exposición Itinerante "A Banda avanza", que mostrou en paneis o traballo de autores galegos de banda deseñada.

Foi a ocasión propicia, pois, para poñer en circulación (nas mesas de autopréstamo distribuidas en varios lugares do centro) cómics, novela gráfica e unha Guía de lectura para Bacharelato e Ciclos Formativos.

Ademais, algúns alumnos completaron na Biblioteca o texto do seu propio cómic enchendo plantillas que previamente elaboraramos.
Por outra banda, temos que agradecerlle ó alumnado de Plástica de 1ºB ESO (e a súa profesora Gloria) e ó de Tecnoloxía de 2º B ESO (con Roberto) que fixesen máscaras de persoaxes de cómic, que nos serviron para "ambientar" a Biblioteca.

1 comentarios:

Antonio Martínez dijo...

Como me gustan esas mesas que se deixan ver entre tanta parafernalia comiquera...