VISITA DO ILUSTRADOR SUSO CUBEIRO


Dentro dos actos de celebración do 125 Aniversario da chegada do ferrocarril, visitounos o autor do cartel do Aniversario: Suso Cubeiro; coñecido ilustrador de libros tan fermosos e recomendables como No corazón da fraga, O bigote de Mimí, El secreto del bosque viejo, O señor mago e a folla ou a historia da locomotora Larita. Faloulles ós rapaces de 1º ESO do traballo dun ilustrador, das partes do libro, de técnicas para pintar... e mostrounos debuxos orixinales en comparación co traballo impreso. Pintou e pintou coa maxia e a rapidez que só uns poucos privilexiados son capaces de conseguir cuns trazos feiticeiros. E deixou tamén no noso Instituto un recordo moi valioso e especial: un debuxo dunha locomotora que, certamente, ocupará un lugar privilexiado na nosa Exposición sobre o tren. Moitas grazas, Suso.

video

1 comentarios:

Chispa dijo...

Noraboa polo 125 aniversario,pola visita de Suso Cubeiro (a quen admiro e coñecín hai anos no cole de O Barqueiro)e pola magnífica presentación.
Esa locomotora dáme unha envexa...
Saúdos desde a Biblioteca do CEIP de Pazos.