Semana da Ciencia: Escher e Matemáticas


Durante estes días puidemos ver a exposición interactiva Escher e Matemáticas que nos cedeu AGAPEMA.
Escher dixo: "A miúdo atópome máis cerca dos matemáticos que dos meus colegas os artistas. Todos os meus traballos son xogos. Xogos serios." E iso é o que encontramos nesta mostra: matemática, arte e xogos.
A exposición configúrase en torno a tres apartados:
1. A estrutura do espazo: relatividade, cruce de mundos paralelos e xogos tridimensionais e matemáticos.
2. A estrutura da superficie: a procura do infinito no plano e a metamorfose espazo-tempo.
3. A proxección do espazo tridimensional no plano: os mundos imposibles.
E isto é o que aconteceu no noso Centro:


video


Se queredes saber máis sobre as Matemáticas, aquí tendes algúns dos libros tanto de ficción , como de no ficción que atoparedes na biblioteca:



0 comentarios: