Falamos de libros co Presidente

O 23 de abril pola tarde un grupo de rapaces do Club Balbordo representou ós Clubes de lectura de secundaria de Galicia no acto: "Falamos de libros co presidente", que contou coa presenza do Presidente da Xunta, a Conselleira de Educación e a Directora Xeral de Ordenación e Innovación educativa. Os centros presentes foron: CEP Marcos da Portela (Pontevedra), CEIP de Pazos (Ferrol), CEIP de Présaras (Vilasantar), CEIP de Sigüeiro (Oroso), CEIP Humberto Juanes (Nigrán) e CEIP Pepe de Xan Baña (Sta. Comba). Tamén estiveron presentes, con videoconferencia, o CEIP A Ponte (Lugo) e CEIP Amaro Refojo (Verín.

Os rapaces comentaron algunha das súas lecturas; no caso do noso centro, Joel de 1º de Eso elixiu A illa do tesouro. Sandra, de 2º de Eso explicou que era un Club de lectura e sintetizou as actividades que nel se facían. Foi un acto moi emotivo no que se respiraba a sedución que para moitos alumnos supón a lectura. Os rapaces alí presentes só representaban unha pequena parte dos grandes lectores que hai en moitos centros; a súa ilusión só foi unha mostra da que día a día observamos en moitos dos que alí non estaban pero que tamén len.

Podedes consultar na páxina de Bibliotecas Escolares un enlace da noticia emitida pola tvg e un vídeo da Axencia galega de noticias. Temos que agradecerlles a Pilar e Cristina a súa continua dedicación dende a Asesoría de B.E. Grazas ós sete que, sen dubidalo, aceptaron vir a Santiago e, por suposto, a todos os membros de Balbordo, sen a vosa ilusión o Club non existiría.
Este vídeo (feito a partir das fotos que Paramio nos fixo) resume algúns momentos da segunda parte do día deste intenso 23 de abril.


video

0 comentarios: